InicioOrientalA PontenovaLocalizan a un conductor co carné suspendido e bébedo que fuxiu tras...

Localizan a un conductor co carné suspendido e bébedo que fuxiu tras ter un accidente na Pontenova

O home chamara a un familiar para que o viñera buscar tras fuxir do lugar do accidente.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil interceptou ao condutor dun turismo que fuxiu do lugar dun accidente de tráfico que supostamente causara no municipio da Pontenova. Ademais, obtivo positivo na proba de alcoholemia e conta cunha suspensión superior a dous anos do permiso de conducir.

Segundo informou o Instituto Armado, tivo coñecemento dun sinistro viario á altura do quilómetro 1,500 da estrada LU-P-4803 (A Pontenova-Augaxosa), que consistiu na colisión de dous vehículos.

Cando a patrulla chegaba ao lugar observou un vehículo parado cuxo condutor falaba por teléfono, polo que se interesou se estaba involucrado nalgún accidente. Este, sinalan as mesmas fontes, indicou aos axentes que “estaba a facer unha chamada e que ao finalizar a mesma continuaría viaxe ao seu domicilio“.

A uns 500 metros localizaron un turismo que sufrira unha saída de vía pola marxe dereita e, posteriormente, chocara cunhas árbores e outro parado na marxe esquerda da vía. Os ocupantes do primeiro turismo manifestaron que o outro condutor circulaba pola esquerda e que lles obrigou a saírse da vía para evitar a colisión frontal. Ademais, informaron de “a fuxida, á carreira,” do lugar do accidente, ao advertir de que facían xestións para dar aviso á Garda Civil do sucedido.

Os axentes iniciaron a procura do condutor fuxido. Así, localizaron de novo noutra estrada próxima, “estacionado e con todas as luces apagadas“, apunta a Benemérita, o vehículo co que interactuaran antes de achar o accidente e cuxo único ocupante manifestara que se dirixía ao seu domicilio. “Tras varias respostas dubitativas e ilóxicas, finalmente recoñeceu que recibira unha chamada dun familiar para que o recollese por esta zona xa que sufrira un accidente”, explicou a Garda Civil.

SAÍA DUNHAS MATOGUEIRAS

Unha vez abortada a posibilidade de abandonar o lugar do sinistro auxiliado polo seu familiar, e pasados uns minutos os garda civís localizaron cando saía dun mato próximo no que se escondeu, ao condutor fuxido, detallaron as mesmas fontes.

Unha vez realizada a inspección ocular do lugar para esclarecer os feitos, tomadas manifestacións aos implicados e analizadas as demais circunstancias que rodean ao accidente, o condutor inicialmente fuxido foi investigado como presunto autor de seis delitos.

En concreto, atribúeselle delito de condución temeraria, de lesións graves por imprudencia, abandono do lugar do accidente, conducir un vehículo a motor a pesar de superar as taxas legalmente establecidas (obtubo taxa de 0,91 mg/l), conducir con perda total dos puntos asignados (presentaba a perda de vixencia do permiso de conducir desde o 2015 e non recuperara o mesmo) e quebrantamento de condena -por levar un vehículo tras ser declarada a perda de vixencia do permiso por decisión xudicial por prazo superior a dous anos e ata a data non recuperara o mesmo-.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...