A Pontenova homenaxea a Aurelia Casais, veciña que recentemente cumpriu os cen anos

O concello da Pontenova suma así unha nova centenaria no seu censo, por iso o Alcalde desexoulle a Aurelia que siga gozando de moita saúde para seguir cumprindo anos.


O Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, acompañado da concelleira de servicios sociais, Isabel Couto González, homenaxearon este martes a veciña de Dodrin Aurelia Casais Rivas que ven de cumprir 100 anos.

Nesta cariñosa celebración estivo acompañada de toda a súa familia, comezando coa súa filla Carmen, o seu neto Anselmo Basanta e o seu bisneto Victor. O concello da Pontenova suma así unha nova centenaria no seu censo, por iso o Alcalde desexoulle a Aurelia que siga gozando de moita saúde para seguir cumprindo anos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here