InicioOrientalA PontenovaLoita contra o lixo na natureza desde o Casarón de Labrada na...

Loita contra o lixo na natureza desde o Casarón de Labrada na Pontenova para o mes de xuño

O obxectivo é recoller residuos abandonados das contornas naturais e sensibilizar sobre esta problemática desde a propia acción, implicando aos aloxamentos membros de Rusticae, aos seus hóspedes e ás comunidades nas que se sitúan.

Publicada o

- Advertisement -

O Casarón da Labrada da Pontenova xunto con Rusticae do Proxecto LIBERA, realizará unha acción de limpeza e sensibilización relacionados co problema do lixo na natureza o vindeiro mes de xuño. O obxectivo é recoller residuos abandonados das contornas naturais e sensibilizar sobre esta problemática desde a propia acción, implicando aos aloxamentos membros de Rusticae, aos seus hóspedes e ás comunidades nas que se sitúan

O Club de aloxamentos con encanto e portal de reservas Rusticae asinou recentemente un acordo de colaboración co Proxecto LIBERA, impulsado por SEO/ BirdLife en alianza con Ecoembes, co obxectivo de desenvolver accións de mobilización e concienciación cidadá que aborden o problema da basuraleza nas contornas naturais, unha catástrofe ambiental de ámbito mundial.

Segundo afirma Isabel Llorens, fundadora de Rusticae, “a nosa implicación coa sustentabilidade e a protección da contorna é algo intrínseco a Rusticae e que está no noso ADN desde que nacemos hai 25 anos. Agora preséntasenos a oportunidade de dar un paso máis colaborando neste proxecto no que queremos involucrar a toda a familia Rusticae, desde cada un dos establecementos membros do Club, ata os seus hóspedes, pasando polo propio equipo que integramos Rusticae e, así, lanzar a mensaxe de que non podemos seguir tratando así á natureza.”

Casarón de Labrada quixo sumarse a esta iniciativa de Rusticae nun paso máis por avanzar xuntos cara a unha contorna máis sostible e participará xunto con Rusticae na campaña 1m2 contra a basuraleza, buque insignia do Proxecto LIBERA. Trátase dunha gran recollida colaborativa de lixo esparexido nos nosos espazos naturais a nivel nacional coa que se pretende concienciar a toda a poboación da importancia de non desfacerse de residuos na natureza, e que terá lugar o próximo 11 de xuño.

Para iso, Casarón de Labrada integrouse na Rede de Aloxamentos Rusticae – LIBERA impulsada por Club, do mesmo xeito que outros establecementos membros, e participou na xornada de formación específica sobre a afectación da basuraleza e como crear os puntos de recollida para a primeira cita de xuño.

Ligazón para inscribirse no punto de recollida:

Data e hora: 11/06/2022, ás 10:00 da mañá

Lugar: Praza Vos Fornos, fronte á Oficina de Turismo (A Pontenova – Lugo). Punto de recollida

 

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...