InicioOrientalA PontenovaO Concello da Pontenova recibe 150.000 euros para comprar a Ferrería de...

O Concello da Pontenova recibe 150.000 euros para comprar a Ferrería de Bogo

Este empréstito procede do Fondo de Cooperación cos Concellos de menos de 50.000 habitantes, dirixido á adquisición de inmobles para a súa posterior restauración, así como intervencións de recuperación e rexeneración urbanas.

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon á disposición do Concello da Pontenova 150.000 euros para destinar á adquisición do complexo da Ferrería de Bogo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explica que ambas administracións asinaron un convenio de colaboración con cargo ao Fondo de cooperación cos municipios de menos de 50.000 habitantes para impulsar actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído.

Este programa financia, a través de préstamos sen intereses, a adquisición de inmobles para a súa posterior restauración, así como intervencións de recuperación e rexeneración urbanas.

Neste caso, o acordo asinado establece que o Concello da Pontenova deberá repoñer os fondos percibidos nun prazo de oito anos a contar desde o 2023. A contía fixada para cada anualidade é de 18.750 euros.

Arias explicou que con esta medida a Consellería facilita que as entidades locais acometan accións de recuperación e posta en valor do patrimonio construído, tanto para recuperar ámbitos en estado deficiente de conservación como para protexer o patrimonio cultural e arquitectónico, o medio ambiente, a paisaxe e o territorio. A convocatoria deste ano está dotada con 11,3 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...