Xogos para os máis pequenos en Barreiros para esperar a visita de Papá Noel

O alumnado de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais do obradoiro Vilas Coidadoras que se leva a cabo entre Barreiros e Ribadeo, preparou esta actividade de ocio dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 8 anos.

Fachada da Casa do Concello de Barreiros. JUAN MAYA

As actividades de Nadal continúan no Concello de Barreiros e mañá terán a visita do mesmísimo Papá Noel; que, na súa viaxe desde Laponia, fixo un oco na súa completa axenda para escoitar o que lle teñen que contar as nenas e nenos de Barreiros.

O máxico lapón estará na praza do Concello en horario de 17 a 19, aínda que en caso de mal tempo, trasladarase ao centro sociocultural. Alí as crianzas poderán compartir un tempo con el e entregarlle a carta se aínda non o fixeron.

ACTIVIDADE DO OBRADOIRO DE EMPREGO PARA NENAS E NENOS

Dentro das actividades que se poderán disfrutar nestas datas no concello barreirense, o vindeiro mércores, 28 de decembro, terá lugar unha novidosa xincana na biblioteca municipal. O alumnado de dinamización, programación e desenvolvemento de accións culturais do obradoiro Vilas Coidadoras que se leva a cabo entre Barreiros e Ribadeo, preparou esta actividade de ocio dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 8 anos.

As máis pequenas poderán participar nunha xincana de Nadal que se desenvolverá na biblioteca municipal a partir das 11:30h. para descubrir un “roubo de Nadal”. Para poder participar nesta actividade, será precisa a inscrición previa na propia biblioteca ou nos teléfonos 982.88.54.68/982.87.74.65/982.12.41.06.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here