InicioOrientalBarreirosBarreiros pecha para este ano o arranxo e acondicionamento dun camiño en...

Barreiros pecha para este ano o arranxo e acondicionamento dun camiño en Cabarcos

O edil de obras, Antonio Veiga, manifestou que “ese camiño, unha pista da concentración parcelaria foi unha das prioridades na planificación de arranxo de viais".

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, pediu este martes ao portavoz do Partido Popular “rigorosidade e seriedade dentro do seu labor municipal, agora que está na oposición; xa que non as tivo cando estaba no goberno.” A rexedora realizou estas declaracións tras coñecer un comunicado de prensa no que o ‘popular’ Gómez Puente pide priorizar o arranxo dunha vía municipal en Cabarcos que está proxectada arranxar desde inicio do 2022.

Ana Ermida explicou que “ese camiño, que leva desde que o actual portavoz da oposición estaba no goberno sen arranxarse, está incluída no proxecto de arranxos viarios do Plan Único do 2022.” A alcaldesa explicou que o proxecto se elaborou en febreiro do 2022 e “licitouse por primeira vez en xuño dese mesmo ano, pero debido ao incremento nos prezos, a licitación quedou deserta e tívose que modificar o proxecto en setembro e volverse a licitar, adxudicándose o 16 de novembro.

“Se o portavoz da oposición fixese o seu traballo e se molestase en mirar os expedientes e as actas dos órganos colexiados ás que ten acceso, vería que ese viario xa ten proxecto e que se comezará a arranxar á volta do parón de nadal que fan as empresas de construción.

FORTE INVESTIMENTO EN MATOMAIOR

O edil de obras, Antonio Veiga, manifestou que “ese camiño, unha pista da concentración parcelaria foi unha das prioridades na planificación de arranxo de viais, tal como se falou cos veciños afectados xa no seu día, e foi incluído no Plan Único da Deputación 2022 e vai actuarse nel nas próximas semanas, realizando un forte investimento, pois dado o estado en que o deixou José Manuel Gómez cando estivo no goberno municipal, agora hai que facer unha intervención de calado con limpeza de cunetas por ambas marxes, con moitos metros cúbicos de areón e gravillón para nivelar a caixa e asegurar o firme, e regularizar o pavimento e aplicar rego con emulsión asfáltica e árido, tal como figura no proxecto, nunha lonxitude de vial de 270m e con unha anchura de 3m.”

“Unha vez máis o portavoz do Partido Popular na oposición en Barreiros volve a meterse na lama, metaforicamente, pero tamén realmente, pois é o hábitat no que acostuma a desenvolver a súa penosa labor política na oposición. Asombra o descoñecemento que ten da realidade e mesmo da xeografía do concello despois de botar 16 anos no goberno municipal como tenente alcalde e concelleiro de medio ambiente. A última ocorrencia de José Manuel Gómez non é outra que ir retratarse a un viario no medio da lama, un viario que estaba desfeito nos dous últimos mandatos do PP sen que dedicaran nin un só céntimo para o seu arranxo nin adoptaran ningunha medida para impedir que se seguira deteriorando”, continuou.

O PP TEN QUE DEIXAR DE MANIPULAR A REALIDADE

Desde o goberno municipal recoméndanlle ao portavoz da oposición que se documente, que se informe e que solicite no concello os expedientes correspondentes para a súa consulta, e que se non os entende, os técnicos municipais poden aclararlle as dúbidas que teña; así como o goberno municipal e o concelleiro de obras, porque “desde a Alcaldía queremos tamén unha oposición leal e traballadora que coas súas demandas contribúa a mellorar o concello, pero o que non queremos nin queren as e os barreirenses é un portavoz da oposición que recurra á manipulación” manifestou a alcaldesa Ana Ermida.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...