A veciñanza de Celeiro de Mariñaos xuntarase o día 5 para recibir aos Reis Magos ás 5 da tarde nas escolas. Seguidamente actuará O Mago Antón cun espectáculo para desfrute de pequenos e grandes. Repartiranse agasallos e haberá chocolate e roscón para todos os asistentes.
Esta celebración é un clásico xa no Nadal mariñao, onde a veciñanza da parroquia homónima aproveita para compartir unhas horas de ledicia e celebrar o comezo de ano comunitariamente.
Desde a Asociación Irmandade San Caetano aproveitan para felicitar o Ano Novo e convidan a asisitir a todos aqueles que o desexen desta ou doutras parroquias.