InicioOrientalBarreirosRuta de San Sebastián polo valde Cabarcos organizada pola Asociación Camiñantes e...

Ruta de San Sebastián polo valde Cabarcos organizada pola Asociación Camiñantes e Camiños

O presidente da asociación, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha ruta moi satisfactoria tanto polo número de participantes como pola calidez humana dos veciños e veciñas da Rilleira".

Publicada o

- Advertisement -

Unha trintena de persoas participaron o pasado sábado na Ruta de San Sebastián polo Val de Carbarcos, que organizou a asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros.

O presidente da asociación barreirense, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha ruta moi satisfactoria tanto polo número de participantes como pola calidez humana dos veciños e veciñas da Rilleira, xa que compartimos uns pinchos ao remate da andaina, para logo todos xuntos participar na misa na honra a San Sebastián”.

E engadiu que “o obxectivo do encontro foi moi positivo, xa que fomentamos a convivencia, o exercicio físico, contemplamos o patrimonio de Cabarcos e compartimos as tradicións das parroquias”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...