InicioOrientalBarreirosO PP de Barreiros organiza para este venres a presentación do seu...

O PP de Barreiros organiza para este venres a presentación do seu candidato para a alcaldía

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro venres, 27 de xaneiro, ás 21:00 horas o restaurante A Yenka acollerá un acto do Partido Popular de Barreiros no que se renderá homenaxe ás concelleiras e concelleiros desta formación política e no que se presentará ao candidato dos populares barreirenses ás vindeiras eleccións municipais. Trátase de José Manuel Gómez Puente.

O candidato quere “invitar a todos os simpatizantes do Partido Popular de Barreiros a que se animen para acompañar aos concelleiros e concelleiras do PP de Barreiros que dedicaron o seu tempo e esforzo a axudar aos veciños e ás veciñas deste municipio”.

Gómez Puente, o candidato do PP á alcaldía de Barreiros, subliña que “me presento co único obxectivo de axudar e colaborar na mellora da calidade de vida das veciñas e veciños deste concello”. As persoas interesadas en asistir a esta cea homenaxe poden facer as súas reservas na Yenka chamando ao teléfono 623 226 825. O prezo do cuberto é de 25 euros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...