InicioOrientalBarreirosConcello de Barreiros e Deputación de Lugo colaboran na organización da Feira...

Concello de Barreiros e Deputación de Lugo colaboran na organización da Feira de San Rosendo

Como preludio á feira, o sábado, prepárase unha xornada lúdica, con sesión vermú, un aberto de billarda e verbena.

Publicada o

- Advertisement -

A área de Medio Rural da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran coa comisión organizadora desta feira tradicional que terá o seu día grande o domingo, co mercado gandeiro e vinte postos de artesanía e produtos agrogandeiros na Praza de San Miguel.

A apertura do mercado iniciará unha xornada na que, ademais da entrega de 2000 euros en premios aos mellores exemplares e lotes, acollerá outras actividades paralelas ligadas ao mundo do cabalo, como un certame morfolóxico, organizado por Puraga, que puntúa para o campionato galego, e unha xincana de xogos ecuestres, que conta coa colaboración de Xinetes de Remourelle. Como preludio á feira, o sábado, prepárase unha xornada lúdica, con sesión vermú, un aberto de billarda e verbena.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida coincidiron en valorar “a iniciativa e o esforzo desinteresado da Comisión para manter unha celebración que pon en valor a gandeiría e as razas autóctonas” e en destacar “o papel que esta actividade ten na dinamización económica e social do rural e na conservación do territorio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...