InicioOrientalBarreirosO Concello de Barreiros abre un novo programa de apoio para as...

O Concello de Barreiros abre un novo programa de apoio para as familias son persoas dependentes

Esta iniciativa ten prevista unha duración de cinco meses, durante os que se tentará extender a iniciativa noutras parroquias, en función da demanda que poida existir.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros pon en marcha un novo programa dirixido ás familias de persoas dependente, co que se pretende dar ferramentas e coñecementos para as persoas que teñen que coidar das mesmas de xeito non profesional.

A través do Obradoiro de emprego Vilas Coidadoras que se desenvolve conxuntamente co Concello de Ribadeo e a través do módulo de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, poñen en marcha una serie de charlas e talleres nos que é se oferta un servizo de apoio a todas aquelas familias coidadoras de persoas maiores en situación de dependencia e a persoas maiores que vivan soas.

A primeira das xornadas terá lugar este mércores 15 de marzo, ás 11 horas no Centro Sociocultural de San Cosme. Os primeiros talleres, que se desenvolverán no mes de marzo, abarcarán aspectos como a xestión das emocións e sentimentos, o consumo abusivo de fármacos e os recursos aos que as persoas coidadoras poden acudir en busca de información e axuda.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou que “este programa dá continuidade a outras iniciativas que se teñen realizado de apoio ás familias de persoas que precisan coidados, e que xa se realizaron nos últimos anos.” “O que se pretende é acompañar ás familias e poñer á súa disposición formación e recursos cos que afrontar situacións de dificultades asociadas a enfermidades que conlevan un desgaste nas persoas que coidan.”

Esta iniciativa ten prevista unha duración de cinco meses, durante os que se tentará extender a iniciativa noutras parroquias, en función da demanda que poida existir; segundo explicou a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga.

As persoas interesadas en participar nos talleres poden inscribirse na seguinte dirección de correo electrónico ou números de teléfono: coidandoaocoidador@outlook.com.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...