InicioOrientalBarreirosFormalizado o contrato para a rexeneración das dunas de Arealonga en Barreiros

Formalizado o contrato para a rexeneración das dunas de Arealonga en Barreiros

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “actuacións de recuperación debido á existencia de plantas alóctonas e da existencia de construcións que o invaden e provocan o seu deterioro.”

Publicada o

- Advertisement -

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente vén de publicar no Boletín Oficial do Estado a formalización do contrato para a eliminación de especies exóticas, restauración con autóctonas, demolición de construcións varias e adecuación para o uso público do sistema dunar da praia de Arealonga, en San Miguel e Reinante.

Estas actuacións, consensuadas polo goberno municipal e a delegación provincial de Costas, que xa foron aprobadas polo pleno municipal, ascenden a un importe de 459.620,00 euros.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata de “actuacións de recuperación dun sistema dunar cun amplo valor ambiental que se atopa en estado de dexeneración, debido á existencia de plantas alóctonas e da existencia de construcións que o invaden e provocan o seu deterioro.”

Neste sentido, pon en valor os traballos de recuperación medioambiental en praias que se están a realizar no litoral, freando a degradación do mesmo e contribuíndo á convivencia dos usos públicos dos espazos co respecto á diversidade medioambiental.

Esta actuación na zona de San Miguel e Reinante súmanse aos traballos que se iniciarán nas vindeiras semanas para a rexeneración do sistema dunar das praias de Coto-Balea, en Benquerencia. Ao igual que no caso de Arealonga, pretende a eliminación de especies exóticas, como a herba da pampa, e a rexeneración con autóctonas; ao tempo que se actuará sobre edificacións existentes para o seu menor impacto no medio. Esta actuación foi adxudicada en 287.210,00 euros.

Ana Ermida agradeceu ao Servizo de Costas “o interese mostrado pola recuperacións dos espazos naturais de Barreiros e a súa posta en valor dun xeito respectuoso co medio ambiente e a posta en marcha dos trámites necesarios para que a recuperación dos mesmos sexa unha realidade.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...