InicioOrientalRibadeoBarreiros e a Deputación asinan un convenio para a instalacións de xogos...

Barreiros e a Deputación asinan un convenio para a instalacións de xogos no parque xuvenil de San Cosme

A colocación destes xogos vén a finalizar unha intervención importante nesa zona que pasou de ser un espazo residual para converterse no centro de xogos para as crianzas de idade máis avanzada.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a deputada de Mocidade, Mónica Freire, veñen de asinar un convenio que permite a finalización da adecuación dunha parcela municipal que se atopaba en estado de abandono a carón do colexio de San Cosme para convertela nunha zona de ocio e esparexemento xuvenil.

Este convenio financia a colocación dos xogos xuvenís por un importe de 72.539,57€, sendo a última das actuacións precisas para o seu uso final. Con este investimento, ponse fin ao proxecto de recuperación de dita zona para dotar o centro urbano de San Cosme dun espazo de ocio situado a carón do centro escolar e as vivendas sociais, cuxo investimento total ascendeu a 193.696,20 euros.

Nas vindeiras semanas darán inicio as obras de humanización do espazo para proceder a continuación á colocación dunha rede de escalada tridimensional de preto de 6 metros de altura e unha tirolina de 30 metros de longo, cuxos espazos se dotarán de chan de caucho, e dunha nova marquesina que sirva de refuxio para as nenas e nenos. Ademais, inclúe a colocación de mesas e bancos nos distintos niveis do terreo.

A colocación destes xogos vén a finalizar unha intervención importante nesa zona que pasou de ser un espazo residual que xeraba incomodidade e mal aspecto para a poboación a converterse no centro de ocio e xogos para as crianzas de idade máis avanzada, moi próximo ao parque existente dirixido a crianzas de menor idade e ao espazo utilizado pola xente maior. Complétase así un proxecto no que se actuou sobre a paisaxe e tamén sobre o uso dos espazos públicos, facendo desaparecer puntos residuais e ofertando novos espazos para todas as idades.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...