InicioSucesosDeteñen os supostos autores do asalto a un establecemento en Barreiros no...

Deteñen os supostos autores do asalto a un establecemento en Barreiros no mes de abril

A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dúas persoas, de 31 e 28 anos de idade, que supostamente accederon ao interior dun establecemento de hostalaría da localidade lucense de Barreiros na madrugada do pasado 13 de abril tras violentar a porta de entrada ao local.

Segundo trasladou o Instituto Armado, os agora detidos accederon ao local e subtraeron unha caixa de cobro automatizado que contiña “unha elevada cantidade de efectivo no seu interior” e “causando danos nas instalacións”.

Froito desta operación, denominada ‘Otike’, recuperouse a caixa de cobro, 3.000 euros que estaban en poder dos detidos e diversos obxectos adquiridos con parte do diñeiro subtraído. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...