InicioOrientalBarreirosEn xullo celebrarase a romaría de Santo Estevo de Ermo organizada por...

En xullo celebrarase a romaría de Santo Estevo de Ermo organizada por “Camiñantes e Camiños”

O programa deseñado para o 1 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de sendeirismo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro".

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, organiza un ano máis a Romaría de Santo Estevo do Ermo, que terá lugar este sábado, 1 de xullo.

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explica que “a Romaría de Santo Estevo do Ermo é unha tradición de moitos anos que os veciños e veciñas de Barreiros teñen moi presente e por iso desde a asociación Camiñantes e Camiños e Sanbet Agencia organizamos neste 2023 e propoñemos un sábado cheo de actividades”.

O programa deseñado para o 1 de xullo é o seguinte: “comezaremos cunha ruta de sendeirismo ás dez da mañá. Os participantes recibirán como agasallo un sombreiro. Á unha do mediodía teremos misa cantada polo Coro Airiños do Mar e logo procesión. Despois ás 13:30 horas actuación dos gaiteiros Souto Xímaro á que seguirá a sesión vermú as 14:00 horas con The Sound Project. Xa para as tres da tarde está previsto o xantar popular, ás cinco teremos torneo de tute, ás sete poderemos gozar dunha representación teatral a cargo de Pico do Castro. E ás oito da tarde pecharemos a xornada cunha nova sesión musical con The Sound Project”, relatou Gómez Puente.

Para o presidente da asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros “é moi importante manter as tradicións, polo que invito a que os veciños e as veciñas se acerquen e participen en harmonía, paz e amizade, estados aos que nos achega este paraxe máxico, que é o Santo Estevo do Ermo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...