Dúas persoas necesitaron ser rescatadas ao ser incapaces de saír da auga na praia de Lóngara, o municipio de Barreiros. Segundo informa o 112 Galicia, uns particulares conseguiron sacar aos dous implicados, que foron atendidos polos servizos sanitarios.
O 112 Galicia recibiu aviso dos feitos ás 12,30 horas deste martes a través da chamada dun particular que se atopaba no lugar, que solicitaba asistencia sanitaria para dúas persoas ás que acababan de sacar da auga na praia de Lóngara, en San Pedro de Benquerencia (Barreiros).
Os xestores do 112 Galicia activaron entón un operativo que contou coa participación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Barreiros e axentes da Garda Civil. Pola súa banda, os Bombeiros axudaron a evacuar aos implicados en padiola ata o punto onde se atopaba a ambulancia, na que foron atendidos polo persoal sanitario.