A Garda Civil detivo a un veciño de Barreiros, de 46 anos, como presunto autor dun delito de violencia machista ao ameazar á súa parella cun machete de grandes dimensións.
Ademais, impútaselle tenencia ilícita de armas e depósito de armamento ao descubrir que tiña 13 armas longas de diferentes calibres, algunhas coa marca e modelo borrados. De feito, investígase se estas escopetas poden estar implicadas noutros delitos.
Segundo informa este corpo nun comunicado, a vítima, de 34 anos, tivo que ocultarse na mañá do pasado martes da vivenda que compartía coa súa parella despois de ser ameazada de morte cun machete. Deste xeito, a Garda Civil tamén descubriu todas as armas existentes na vivenda. A persoa detida foi posta a disposición xudicial.