InicioOrientalBarreirosBarreiros presenta a IX Carreira Benquerencia Terra-Mar que se celebrará o 6...

Barreiros presenta a IX Carreira Benquerencia Terra-Mar que se celebrará o 6 de agosto

Esta carreira, organizada conxuntamente pola Asociación Augas Santas e o Concello de Barreiros, está incluída no circuíto +kmsBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa cuarta proba da presente edición.

Publicada o

- Advertisement -



O venres foi presentada a 9ª edición da Carreira “Benquerencia Terra Mar”, que se celebrará en Barreiros o domingo 6 de agosto. A presentación da novena edición da carreira “Benquerencia Terra Mar” foi realizada polos membros da Asociación Augas Santas Barreiros xunto con Daniel García, concelleiro de dinamización e deputado provincial e Manuel Otero, delegado provincial de deportes da Xunta de Galicia.

Esta carreira, organizada conxuntamente pola Asociación Augas Santas e o Concello de Barreiros, está incluída no circuíto +kmsBarreiros, promovido polo Concello para promocionar todas as carreiras que se realizan no termo municipal, sendo esta a súa cuarta proba da presente edición.
A cita do vindeiro 6 de agosto, ademais da carreira absoluta, contará con carreiras infantís.

A saída de tódalas categorías terá lugar en Benquerencia, na transversal entre Rúa de Lugo e a Rúa do Pinar (mesmo lugar que a edición anterior). Nesta ocasión, terá lugar ás 15:30 h a proba absoluta, aproveitando a altura da marea para poder realizala, posto que esta carreira ten a particularidade de transcorrer nunha parte pola beira do mar. Ao rematar dita proba, terán lugar as carreiras das categorías infantís.

A entrega de dorsais realizarase o día 5 de agosto, no mesmo lugar onde se realizará a carreira, de 17 a 19 h, e o día da proba ata media hora antes do comezo da mesma.

O prazo de inscrición rematará o próximo 3 de agosto, podendo realizarse (ou recibir máis información) na páxina web do circuíto https://maiskmsbarreiros.gal/ ou na web https://ccnorte.com/ “

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...