O helicóptero Pesca II axuda a chegar á costa a tres bañistas grazas ao vento das súas aspas

O vento xerado polas súas aspas facilitou que os implicados neste suceso volvesen á praia das Pasadas.

O helicóptero Pesca II. AXM

O vento xerado polas aspas do helicóptero ‘Pesca II’ de Gardacostas conseguiu que tres persoas ás que arrastrara a corrente na praia de Lóngara, en Barreiros, puidesen volver a terra a salvo.

Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu pouco despois das 15,00 da tarde deste venres, cando varios particulares chamaban para advertir de que había unha persoa nunha table de surf á que lla estaba levando a corrente. De feito, varias testemuñas tentaron entrar no mar para rescatala e dous deles eran tamén incapaces de volver a terra.

Tras recibir o aviso, o 112 solicitou a colaboración de Salvamento Marítimo, de Gardacostas de Galicia, da Garda Civil e de Protección Civil de Barreiros.

Gardacostas mobilizou ao seu persoal a bordo do helicóptero de rescate ‘Pesca II’. O vento xerado polas súas aspas facilitou que os implicados neste suceso volvesen á praia das Pasadas. Unha vez alí, o resto de efectivos de emerxencias comprobaron que todos estaban en bo estado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here