InicioOrientalBarreirosOs bombeiros do parque de Barreiros transmiten á alcaldesa a situación do...

Os bombeiros do parque de Barreiros transmiten á alcaldesa a situación do servizo

Ana Ermida comprometeuse a trasladar ao resto de Concellos da Mariña a necesidade de mantemento deste servizo en condicións óptimas e de demandar as actuacións precisas para tal fin.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, mantivo nesta semana un encontro cos Bombeiros de Barreiros no que lle trasladaron a situación do parque que se atopa no municipio e do conxunto do colectivo en Galicia.

A rexedora trasladoulles a súa preocupación polo funcionamento dun servizo que considera “fundamental para a poboación, xa que dá cobertura a situacións de risco e emerxencia que deben ser atendidas con capacidade e medios.”

Neste sentido, Ermida manifestou a súa fonda preocupación polas últimas manifestacións públicas de representantes da Xunta de Galicia, desde a Dirección Xeral de Emerxencias, deixando caer una ameaza velada de desentenderse do servizo amparándose na normativa en vigor e poñendo o obxectivo sobre os Concellos.

A mandataria municipal lembrou que “as Administracións locais son as máis próximas á veciñanza, as que máis servizos ofrecen e as máis infradotadas economicamente; polo que pretender seguir afondando en cargar de responsabilidades aos concellos sen un finanzamento real, é condenar á desaparición de máis servizos.”

A alcaldesa de Barreiros trasladou o apoio ao colectivo de Bombeiros nas súas reivindicacións por unas condicións e uns medios óptimos para prestar un servizo que non pode quedar a expensas da vontade dos traballadores, senón que debe ser garantido polas Administracións Públicas, sen ampararse en resquicios legais para desentenderse dos mesmos.

Incidiu na importancia de ter vontade de solución e instou ás Administracións a apostar pola mellora dun servizo necesario e fundamental nos territorios; polo que chamou ao entendemento no encontro que manterán o vindeiro luns co Director Xeral de Emerxencias.

Igualmente, comprometeuse a trasladar ao resto de Concellos da Mariña a necesidade de mantemento deste servizo en condicións óptimas e de demandar as actuacións precisas para tal fin.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...