InicioSucesosCatro detidos en Barreiros acusados de roubo en grao de tentativa

Catro detidos en Barreiros acusados de roubo en grao de tentativa

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil detivo en Barreiros a tres veciños de Lugo de 23, 29 e 38 anos de idade e a un veciño de Madrid, de 24 anos, como presuntos autores dun delito de roubo con forza en grao de tentativa.

Segundo explican nun comunicado, a investigación policial iniciouse en febreiro, tras unha denuncia do propietario dunha canteira situada no termo municipal de Barreiros.

Ao parecer, varias persoas accederon ao interior do recinto e, tras romper a fechadura dunha nave, pasaron ao interior e cortaron máis de 1.000 metros de cable, que non puideron levar ao ser sorprendidos ‘in fraganti’ polo denunciante.

Isto provocou que os autores do feito fuxisen do lugar, ocasionando danos nas instalacións que ascenden a uns 15.000 euros.

As persoas detidas pasaron a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...