InicioOrientalBarreirosConferencia maxistral sobre a académica barreirense Aurora Sampedro

Conferencia maxistral sobre a académica barreirense Aurora Sampedro

Máis de cen persoas asistiron á exposición maxistral de Manuel Rivero sobre o que denominou o universo Aurora Sampedro Piñeiro.

Publicada o

- Advertisement -

A conferencia sobre a científica e académica Aurora Sampedro Piñeiro, reuniu a máis dun cento de persoas no Canteiro, en Benquerencia, na tarde do sábado. Foi nun ambiente cálido no que se respiraba ciencia e agradecemento. Os asistentes escoitaron a exposición maxistral de Manuel Rivero, no que el denominou o universo Aurora Sampedro Piñeiro.

A través da exposición desandou o tempo e marcou os fitos determinantes da historia de vida desta barreirense, unha avanzada do seu tempo. E a partir desde este sábado 28 de outubro visualizouse o futuro, a través dunha viaxe das metas conseguidas ou a punto de conseguir: filla predilecta de Barreiros; a solicitude á Real Academia Galega da Ciencia, do seu recoñecemento o próximo ano; a creación do premio Bítere de honra Aurora Sampedro Piñeiro, para recoñecer a labor de persoas e asociacións, principalmente da Mariña, no mundo das letras, das artes e da investigación; e no próximo Nadal a publicación dun libro sobre Aurora.

A ofrenda floral, que ía ter lugar no cemiterio de Benquerencia, foi realizada no Canteiro, por mor do mal tempo rexistrado onte na zona.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...