InicioOrientalBarreirosA alcaldesa de Barreiros traslada á Xunta a petición de colaborar en...

A alcaldesa de Barreiros traslada á Xunta a petición de colaborar en servizos de abastecemento e saneamento

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir un escrito ao vicepresidente da Xunta recollendo as declaracións realizadas polo mesmo na clausura da Asemblea Xeral da FEGAMP, onde manifestou a disposición da Xunta de Galicia para a colaboración cos Concellos.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa enviou no mes de agosto unha carta ao Presidente da Xunta, á que non obtivo resposta e reiterou as demandas á conselleira de infraestruturas hai unhas semanas.
Barreiros, 20 de novembro de 2023. A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixir un escrito ao vicepresidente da Xunta recollendo as declaracións realizadas polo mesmo na clausura da Asemblea Xeral da FEGAMP, onde manifestou a disposición da Xunta de Galicia para a colaboración cos Concellos.


A alcaldesa manifesta que “esta carta é unha chamada á súa boa vontade para facelo coñecedor dunha demanda coa que o Concello de Barreiros leva anos e que lle foi xa trasladada en varias ocasións á conselleira de infraestruturas (a última delas hai poucas semanas mediante un escrito) e tamén neste verán ao propio presidente da Xunta, sen que, ata este momento, obtivéramos resposta algunha.”


Ana Ermida explícalle a situación dos servizos básicos en Barreiros, “fundamentalmente vinculados a un desenvolvemento non planificado que se levou a cabo sen o correcto sobredimensionamento dos servizos existentes para acoller a poboación flotante que soporta este concello en determinadas épocas do ano.”


Co fin de poder explicarlle máis pormenorizadamente a situación, así como obter resposta sobre posibles vías de colaboración do goberno da Xunta co goberno municipal en aras de mellorar os servizos que se prestan á veciñanza de Barreiros, a rexedora solicítalle unha xuntanza na que poidan participar as persoas responsables destes servizos no municipio para afondar nas actuacións de mellora que se poidan levar a cabo.


Ana Ermida finaliza o escrito “acreditando na súa vontade por traballar na colaboración coas entidades locais e, nomeadamente, coa que presido” para o que se pon á súa disposición para sinalar unha data na que poder manter unha xuntanza e trasladarlle toda a información que requira para obter a desexada colaboración interinstitucional.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...