O Foro Social da Mariña, “nestes tempos nos que están en cuestión dereitos tan básicos como o acceso a unha vivenda digna, situando a cada vez máis persoas nunha situación de vulnerabilidade”; quere someter a debate esta problemática que atinxe ao conxunto da cidadanía.
Para iso realizarase unha palestra no Salón de actos do Centro Social de San Cosme de Barreiros para o 24 de novembro de 2023, ás 20 horas. Estará a cargo de Camilo Lois González, catedrático de Xeografía na USC.
A problemática da vivenda en temas como a ordenación do territorio e as súas consecuencias, o encarecemento do aluguer, o incremento da vivenda turística, a necesidade dun parque público de vivenda, o encarecemento das hipotecas, os
desafiuzamentos ou a vivenda baleira, serán obxecto de análise e debate na perspectiva da construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.