InicioOrientalBarreirosA Deputación cualifica de "irresponsables" aos bombeiros do parque de Barreiros

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O parque pecha este domingo por falta de efectivos.

Publicada o

- Advertisement -

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque de Bombeiros de Barreiros permanece pechado este domingo, 3 de decembro, por falta de efectivos.

En concreto, nunha nota de prensa, a Deputación indica que do catro efectivos previstos no cuadrante para esta xornada, pola mañá non se incorporaron tres (dous por baixa médica e un por permiso).

Ante esta situación, relata a institución provincial, avisouse aos suplentes “para poder cubrir os servizos mínimos”, pero “tampouco se incorporaron”, algo que cualifica de “irresponsabilidade do persoal”, que “obriga a deixar sen servizo as instalacións ata as 09,00 horas do luns”.

Así mesmo, explica que o Consorcio xa informou ao 112 de que as incidencias serán atendidas desde o Parque de Bombeiros de Viveiro ou desde o de Vilalba, en función do tempo de resposta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...