InicioOrientalBarreirosPapá Noel contacta co alumnado do CEIP San Cosme en Barreiros

Papá Noel contacta co alumnado do CEIP San Cosme en Barreiros

Publicada o

- Advertisement -

Papá Noel contactou este luns coas nenas e nenos do colexio de San Cosme de Barreiros desde Laponia, a través do soporte técnico da aula CeMIT de Barreiros.


A aula CeMIT de Barreiros está a facilitar o encontro con Papá Noel a través de videoconferencia para que o alumnado de infantil dos colexios de Barreiros poida falar con esta querida personaxe do Nadal.


O vindeiro luns, día 18 de decembro, ás 12.30 horas será a quenda do alumnado de infantil do CEIP de San Miguel de Reinante que, a través da conexión que se establecerá coa casa de Papá Noel en Laponia, as nenas e nenos poderán facer as súas peticións de Nadal, solicitar os seus agasallos en directo e facerlle preguntas de curiosidade a Papá Noel.


O obxectivo desta actividade, que conta con un gran interese entre a comunidade educativa, reside en establecer una comunicación cara a cara con Papá Noel e que os nenos e nenas de Barreiros, poidan falar e interactuar con el a poucos días de noiteboa, cando se atenden todas as peticións de regalos do mundo.


Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT buscar transformar as aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen este tipo de espazos de comunicación, formación e tecnoloxía.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...