O parque comarcal de bombeiros de Barreiros permanecerá pechado ata primeira hora do venres por falta de efectivos, segundo informou a Deputación de Lugo.
Nun comunicado, o consorcio provincial lugués sinala que este xoves “só se presentaron a traballar” dous do tres efectivos necesarios para os servizos mínimos nos parques de Vilalba, Monforte e Barreiros; mentres que en Sarria acudiron catro “pero uno dos efectivos exerceu o dereito a folga”.
O goberno provincial sostén que o consorcio “tentou” que traballadores doutros parques acudisen a este “pero non foi posible porque cobren os servizos mínimos” da folga que manteñen os traballadores desde hai meses.
“Avisados mediante comunicación certificada os reténs designados no cuadrante para os diferentes parques, tampouco se presentaron”, engadiu o consorcio provincial, que traslada que, ante esta situación, foron recolocados os dous efectivos de Barreiros nos parques de Monfortes e Vilalba, que darán cobertura á zona de influencia do municipio monfortino.