InicioOrientalBarreirosNovo peche no parque de bombeiros de Barreiros por falta de efectivos

Novo peche no parque de bombeiros de Barreiros por falta de efectivos

Desde a Deputación de Lugo sinalan que o Consorcio tentou facer mobilidade de traballadores desde outros parques nos que había catro efectivos, pero "acolléronse ao dereito de folga".

Publicada o

- Advertisement -

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o parque de Bombeiros de Barreiros permanecerá pechado até este martes por falta de efectivos previstos nos servizos mínimos.

Segundo trasladou a Deputación de Lugo nun comunicado, do tres efectivos necesarios para cumprir os servizos mínimos neste parque, só se presentaron dous.

Ademais, sinalou que o Consorcio tentou facer mobilidade de traballadores desde outros parques nos que había catro efectivos, pero “acolléronse ao dereito de folga”.

Avisados a través de comunicación certificada os reténs asignados no cuadrante, tampouco se presentaron.

Ante esta situación, o Consorcio decidiu recolocar os dous efectivos no parque de Viveiro, mentres o de Barreiros permanecerá pechado até este martes ás 09,00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...