A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que o pasado mércores comezaron as obras que levará a cabo o Ministerio de Fomento para a rehabilitación estrutural do firme da estrada N-642, a vía que vertebra as comunicacións na Mariña Lucense.
Esta actuación conta cun orzamento de 1.996.484 millóns de euros. Os traballos realizaranse en máis de 21 kilómetros desta estrada.
Concretamente, executaranse entre os puntos quilométricos 26+950 e 28+800 (A Espiñeira, entre a conexión da N-642 coa N-634 e o núcleo de Mañente) e do 36+500 ao 55+000 (de Fazouro a San Cibrao). As obras terán un prazo de execución de doce meses.
ACTUACIÓNS DE EMERXENCIA
As obras comezaron no termo municipal de Barreiros, e consisten na rehabilitación estrutural do firme dunha estrada na que se fixeron dúas actuacións de emerxencia o ano pasado, a primeira por importe de 620.383 euros e a segunda de 729.567 euros.