IniciosociedadeComezan en Barreiros as obras de rehabilitación da N-642

Comezan en Barreiros as obras de rehabilitación da N-642

O Goberno investirá dous millóns no arranxo dos treitos da Espiñeira e Fazouro-San Cibrao, cun prazo de execución de doce meses

Publicada o

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou de que o pasado mércores comezaron as obras que levará a cabo o Ministerio de Fomento para a rehabilitación estrutural do firme da estrada N-642, a vía que vertebra as comunicacións na Mariña Lucense.

Esta actuación conta cun orzamento de 1.996.484 millóns de euros. Os traballos realizaranse en máis de 21 kilómetros desta estrada.

Concretamente, executaranse entre os puntos quilométricos 26+950 e 28+800 (A Espiñeira, entre a conexión da N-642 coa N-634 e o núcleo de Mañente) e do 36+500 ao 55+000 (de Fazouro a San Cibrao). As obras terán un prazo de execución de doce meses.

ACTUACIÓNS DE EMERXENCIA

As obras comezaron no termo municipal de Barreiros, e consisten na rehabilitación estrutural do firme dunha estrada na que se fixeron dúas actuacións de emerxencia o ano pasado, a primeira por importe de 620.383 euros e a segunda de 729.567 euros.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...