IniciosociedadeCeleiro de Mariñaos exalta a San Caetano e á tortilla

Celeiro de Mariñaos exalta a San Caetano e á tortilla

A romería, recuperada nos anos 80, volve esta fin de semana co evento culinario como reclamo

Publicada o

- Advertisement -

A romería está vinculada á capela homónima, que data de mediados do século XVII, e está situada a carón do Pazo de San Caetano. Logo dun tempo sen celebrarse, recuperouse a mediados dos anos 80, unida a un evento gastronómico que cumpre a súa vixésimo terceira edición, a exaltación da tortilla.

VENRES

O venres 17, a xornada festiva será pola noite. Comezará ás 21.00 horas, cunha degustación de torresmos e chourizos, que amenizará o grupo de música tradicional Vai Ser Boa. A continuación, haberá sesión DJ coa discoteca móbil Mourelle.

SÁBADO

O sábado 18, o programa empezará sobre as 11.00 horas, coa elaboración da gran tortilla de San Caetano, tan grande que é preciso utilizar un tractor para darlle a volta. Ademais, desde as 12.00, os interesados en participar no concurso de tortillas poden presentar as súas receitas ata as 13.00.

Celebración da romería nos anos 60. AXM

Daquela esta prevista a misa na capela, con posterior procesión. Acto seguido, haberá sesión vermú amenizada pola charanga de Moaña A Cabeza non Para. Ao remate do baile servirase a tortilla.

Pola tarde, Pakolas presentará o seu espectáculo ‘As parábolas de Pakolas‘, e celebraranse xogos tradicionais. Ás 20.00 horas comezará o concurso Máster Tortilla. O dúo Diamantes porá ritmo á noite, que rematará co baile do farolillo e a chocolatada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...