InicioOrientalO barreirense Antonio López é o novo reitor da USC

O barreirense Antonio López é o novo reitor da USC

Gaña con máis do 60% dos votos logo dunha campaña na que fixo fincapé na estabilización laboral do profesorado

Publicada o

- Advertisement -

O novo reitor da Universidade de Compostela (USC) é de Barreiros. O catedrático de Dereito Financieiro Antonio López obtivo máis do 60% dos votos ponderados -a falta do reconto en dúas mesas- e superou nas eleccións ao reitorado ao actual responsable da institución académica, Juan Viaño.

O seu nomeamento provisional será o 26 de abril. Desde o día 27 ao 2 de maio haberá un prazo para presentar recursos ante o comisión electoral e a súa proclamación definitiva será o 7 dese mes.

López presentara a súa candidatura a reitor no 2014. Daquela perdeu fronte a Viaño por unha lixeira diferenza. O barreirense propuxo este ano “un cambio de rumbo” e fixo fincapé durante a campaña na contratación e estabilización do profesorado, nas melloras laborais e na apertura de portas ao alumnado estranxeiro.

gañou Nos catro sectores chamados ao voto: doutores, alumnado, persoal docente e investigador e pas

O novo reitor da USC subliñou como prioridades elaborar un plan de persoal para a recuperación do emprego e dos dereitos dos docentes e Persoal de Administración e Servizos (PAS). Aínda que, sinala, “non será dun día para outro” e farase “con responsabilidade, pensando sempre no mellor para a universidade”.

ESCASA PARTICIPACIÓN

O barreirense agradeceu “un respaldo moi importante, que nos dá moita forza para seguir adiante”. As eleccións na USC celébranse con voto ponderado, de xeito que o sufraxio dos profesores doutores supón o 51% do total; o dos estudantes, o 28%; o dos integrantes doutras categorías de persoal docente e investigador, o 11%; e o de PAS un 10%. López impúxose nos catro sectores, con especial diferenza ao seu favor entre o alumnado. Con todo, a participación foi escasa, pois só exerceu o seu voto o 27% das máis de 27.000 persoas convocadas ás urnas.

López (Barreiros, 1964) obtivo a licenciatura de Dereito, con premio extraordinario, no 1986. Entre 2005 e 2007 foi decano da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela. En xullo dese mesmo ano, o Parlamento Galego elixiuno membro do Consello de Contas, cargo que ostentou ata 2013. Entre 2007 e 2010 foi conselleiro maior deste organismo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...