Un total de 250 veciños de Barreiros incribíronse para o cribado deste martes

O concello permanece en nivel alto de restricións tras detectarse cinco casos que fixeron incrementar a incidencia acumulada.

Cribado masivo en Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

Un total de 250 veciños do municipio de Barreiros rexistráronse para un cribado que realizará o Sergas este martes co fin de detectar posibles casos de Covid-19. Está calculado “para entre 400 e seiscentos veciños”, segundo anunciou a alcaldesa desta localidade, Ana Ermida.

Este concello da Mariña luguesa entrou en nivel alto de restricións, xunto co da Pobra do Brollón na provincia de Lugo, tras cinco casos de Covid que “supoñen unha incidencia acumulada moi alta, tanto a sete días como a quince”, indicou a rexedora.

“Subimos a un nivel alto e por iso decidiu o Sergas en colaboración co Concello realizar un cribado poboacional para tratar de localizar a persoas asintomáticas que puidesen estar a ter contactos sociais e actuando como transmisoras do virus”, precisou Ermida.

A alcaldesa de Barreiros apelou a que no municipio reina “unha tranquilidade relativa” e chamou a que se “cumpran” os protocolos e as medidas sanitarias para evitar máis contagios.

En canto a un gromo detectado, Ermida esgrimiu que se “descoñece”. De aí o cribado que se realizará este martes para detectar a asintomáticos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here