InicioOrientalBarreirosBarreiros terá unha pista multideporte

Barreiros terá unha pista multideporte

Esta actuación súmase á recente instalación dunha zona de compostaxe comunitaria e á colocación próxima da pista de skate na parte traseira do teleclub

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Goberno de Barreiros vén de dar luz verde ao texto dun convenio de cooperación coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a instalación dunha pista multideporte en San Cosme.

O proxecto aprobado está valorado en 29.938,17 euros, nos que se inclúen as labores de adecuación da zona lindeira ao colexio para a dotación dunha zona de esparexemento e xogos; dos cales a Xunta de Galicia aporta 20.000 euros e os 9.938,17 restantes se financian con cargo ao orzamento municipal de Barreiros.

A alcaldesa explica que esta actuación persigue o obxectivo de “dotar a San Cosme dunha zona urbana con servizos para todas as idades e, especialmente, para as nenas e nenos dunha idade na que xa non fan uso do parque infantil, pero precisan os seus espazos de ocio.”

Esta actuación súmase á recente instalación dunha zona de compostaxe comunitaria e á colocación próxima da pista de skate na parte traseira do teleclub. Nun comunicado, Ana Ermida insiste en relacionar “todas as obras que se proxectan no centro de San Cosme -como a humanización da rúa do centro social ou a rehabilitación das antigas escolas e o teleclub- como un proxecto ambicioso de facer do núcleo urbano de San Cosme un espazo no que as persoas dispoñan de servizos e zonas nos que a vida sexa máis cómoda, sendo así máis atractivo.”

A pista que se instalará tras a sinatura do convenio entre as dúas administracións e o proceso de licitación correspondente, consistirá nun espazo con peche perimetral para protexer as nenas e nenos no que se intalarán canastas e porterías para o xogo ao aire libre.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...