InicioOrientalBarreirosA alcaldesa de Barreiros pídelle á Xunta financiación para a EDAR de...

A alcaldesa de Barreiros pídelle á Xunta financiación para a EDAR de San Miguel

Lembra que Barreiros conta con un orzamento municipal de arredor de 4 millóns de euros e unha amortización anual de débeda superior ao 10% do mesmo.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, vén de dirixirse á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade para reiterarlle a necesidade de busca de finanzamento adicional ao terzo comprometido pola Xunta para a EDAR de San Miguel.

A alcaldesa explica que se puxo en contacto telefónico coa conselleira, tras as declaracións e informacións aparecidas nos medios de comunicación nos últimos días, para reiterarlle a necesidade do proxecto e a inviabilidade de realizalo se o Concello ten que asumir un terzo do orzamento; “non só pola magnitude do mesmo e o orzamento que manexa a institución local, senón tamén por unha situación económica herdada de xestións anteriores que situaron a este Concello na práctica quebra técnica.”

Neste sentido, explica que desde o goberno municipal continuarán a realizar xestións para obter fondos que permitan levar a cabo o proxecto redactado por Augas de Galicia. Ana Ermida, reitera así ante a Consellería “o interese do Concello de Barreiros por levar a cabo dito proxecto” que xa conta co aval técnico preciso; así como a necesidade da obtención de fondos adicionais que supoñan rebaixar a aportación municipal ata unha porcentaxe “viable”. De feito, Barreiros conta con un orzamento municipal de arredor de 4 millóns de euros e unha amortización anual de débeda superior ao 10% do mesmo.

Solicita igualmente na misiva remitida “a aposta do goberno galego por este proxecto fundamental no saneamento das augas -xa que ademais ten un especial impacto na zona costeira, mesmo en zonas de especial protección como Rede Natura, a área de protección das Catedrais e zonas próximas- incluíndoo como prioritario á hora de posibles fondos que puidera xestionar a administración galega.”

Para Ermida a necesidade de levar a cabo este proxecto e o seu impacto transcende o ámbito local e reitera a necesidade de implicación doutras administracións “se realmente existe un interese en levalo a cabo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...