InicioOrientalBarreirosA alternativa para pasar unhas vacacións diferentes: percorrer a Ría do Masma...

A alternativa para pasar unhas vacacións diferentes: percorrer a Ría do Masma en Kaiak

O Concello de Barreiros organiza esta actividade para ofrecer un ocio diferente apto para todos os públicos e que á vez poña en valor os espazos naturais do municipio.

Publicada o

- Advertisement -

A Área de Turismo do Consello de Barreiros organizada para este verán varios roteiros guiados en kaiak pola Ría do Masma con saída dende o embarcadoiro da praia de A Anguieira. “Actividades como esta, non só constitúen unha fantástica alternativa para pasar un intre divertido e facer exercicio ao aire libre coa familia e os amigos, senón que tamén permiten aprender sobre os valores ambientais da ría”, explican dende o Concello.

Nestas travesías percorrerase o litoral da ría pola marxe de Barreiros acompañados dun equipo de guías especializados. Realizaranse catro rutas en total ao longo dos meses de xullo e agosto, podendo consultar toda a información a través da web do www.aescola.concellodebarreiros.gal ou chamando á Oficina de Turismo. Terán un custe de 30€ por ruta e persoas e as prazas son limitadas.

O prazo de inscrición iniciarase o venres 25 de xuño permanecendo aberto ata 3 días antes de cada actividade, sendo o último día do prazo o luns previo a cada un dos roteiros guiados. A Alcaldesa, Ana Ermida, espuxo que “con isto o Concello quere facilitarlles a veciños/as e visitantes unha oferta de ocio atractiva e interesante sen ter que desprazarse fóra do municipio e agarda facer de Barreiros un lugar máis dinámico con alternativas de ocio e deporte para tódolos públicos poñendo, á vez, en valor os espazos naturais do municipio”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...