InicioOrientalBarreirosRescatan a un pai e un fillo en apertos nunha praia de...

Rescatan a un pai e un fillo en apertos nunha praia de Barreiros

Socorristas acudiron nunha embarcación.

Publicada o

- Advertisement -

Socorristas rescataron este martes a un pai e un fillo en apertos nunha praia do municipio de Barreiros, pero non necesitaron asistencia sanitaria.

Segundo informaron fontes do 112 Galicia, sobre as 12,40 horas deste martes varias persoas chamaron ao servizo de emerxencias para alertar da presenza de dúas persoas en apertos entre a Praia de Fontela e Praia de Coto.

Unha embarcación dos socorristas auxiliou finalmente a este pai e o seu fillo, que non necesitaron asistencia sanitaria, destacaron as mesmas fontes de emerxencias.

Ademais, foron avisado desta incidencia o 061, Protección Civil de Barreiros, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia e a Garda Civil.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...