InicioM.ambiente e PatrimonioBarreiros elaborará un plan de seca para garantir o abastecemento de auga...

Barreiros elaborará un plan de seca para garantir o abastecemento de auga potable á poboación

Permitirá a identificación, avaliación, seguimento, toma de decisións e posterior adopción das medidas precisas de cara a minimizar os efectos adversos dunha situación de seca.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de adxudicar a redacción do plan de seca municipal por un importe de 11.797,50 euros. Este plan preséntase como un instrumento municipal para anticiparse a posibles episodios de seca e permitirá a identificación, avaliación, seguimento, toma de decisións e posterior adopción das medidas precisas de cara a minimizar os efectos adversos dunha situación de seca.

O goberno local explica nun comunicado que a lei de garantía de abastecemento de auga aprobada polo goberno galego no 2019, impón ás administracións locais a obrigatoriedade de contar con un plan para afrontar estas situacións. Por esta razón, a efectos de cumprir co marcado normativamente e de fornecerse dun instrumento que permita mellorar o abastecemento de auga de consumo, concorreron á convocatoria de axudas publicada por Augas de Galicia; obtendo 9.438 euros para a elaboración do mesmo. Os restantes 2.359,50 euros serán asumidos polo Concello de Barreiros con cargo a fondos municipais.

A alcaldesa explicou que se trata dun instrumento importante “non só porque deste xeito cumprimos cunha obriga legal, senón porque por primeira vez o concello de Barreiros contará cun estudo e análise da situación previa e unha serie de actuacións valoradas coas que poder responder ante un episodio de seca, minimizando os efectos adversos da mesma.”

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...