InicioOrientalBarreirosBarreiros presume de ilustre embaixador; o reitor da USC, Antonio López

Barreiros presume de ilustre embaixador; o reitor da USC, Antonio López

A alcaldesa destacou o traballo e dedicación de Antonio López e trasladoulle "o orgullo de todo o pobo de Barreiros".

Publicada o

- Advertisement -

Antonio López, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, será o embaixador de Barreiros para a promoción do camiño de Santiago ao seu paso polo Concello. Así se fixo saber no nomeamento, que tivo lugar o sábado 21 de agosto ás 12.00h, acto no que tamén estivo presente a alcaldesa, Ana Ermida, e outros membros da corporación local.

Ermida valorou o acto como “non só un recoñecemento á súa persoa, unha mostra de afecto do seu pobo que ten o orgullo de contar con el a coa súa valía“. Antonio López, natural de San Xulián, recibiu en dito nomeamento unha figura, obra de María Sánchez Castedo, que representa a natureza pola que descorren as distintas rutas e contén no seu interior un medallón que simboliza a experiencia persoal e particular das persoas que fan o Camiño.

No acto, a alcaldesa tamén lle trasladou o “orgullo de todo o pobo de Barreiros por contar entre os veciños con Antonio López ao fronte dunha das institucións máis importantes deste País” e agradeceulle a aposta polas universidades públicas.

O proxecto “O Camiño a Bocados-My way”, da Asociación AXEL, no que se enmarca a designación de Antonio López como embaixador, pretende  promocionar os diferentes camiños ao seu paso por Lugo e forma parte do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia. Ademais, quere poñer en valor a gastronomía e o patrimonio natural e cultural das zonas que percorre a ruta xacobea.

Antonio López non é o único embaixador, pois os concellos de Samos, Castroverde, Trabada, Baleira, Lourenzá e Triacastela, polos que pasa o camiño, tamén conta con cadanseu representante.

 

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...