O comedor do CEIP San Cosme será xestionado polo Concello de Barreiros

“Para o concello, este servizo é moi necesario e esencial e aínda que non é competencia municipal asumímolo por responsabilidade e aproveitaremos para poñer en marcha programas de alimentación saudable” anunciou Montserrat Porteiro, concelleira de Educación.

Xestion comedor San Cosme

O Concello de Barreiros pasa a xestionar o comedor escolar do colexio público de San Cosme para dar continuidade a un servizo que ata o de agora viña prestando a ANPA deste centro e que neste curso non se puido facer cargo polo alto custo e dedicación e dispoñibilidade que iso conlevaba.

A Xunta de Galicia que xestiona outros comedores escolares, declinou facerse cargo neste caso debido ao escaso número de alumnos dificultando a continuidade do alumnado cuxas familias precisan deste servizo para conciliar. Ante esta situación o Concello de Barreiros decidiu asumir a xestión.

“Para o concello, este servizo é moi necesario e esencial e aínda que non é competencia municipal asumímolo por responsabilidade e aproveitaremos para poñer en marcha programas de alimentación saudable” anunciou Montserrat Porteiro, concelleira de Educación.

CONCILIACIÓN FAMILIAR E ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Coa asunción deste novo servizo o Concello de Barreiros facilitará tamén a conciliación familiar. Así o manifestou Montserrat Porteiro que hoxe visitou o comedor do colexio e afirmou tamén que desde o concello de Barreiros “pretendemos que as nenas e os nenos adquiran hábitos nutricionais saudábeis ao mesmo tempo que promocionamos o consumo de produtos frescos e de proximidade”.

Explicou así mesmo que os menús están elaborados por unha nutricionista de acordo cos criterios da Xunta en materia alimentaria tendo en conta tamén as táboas de alérxenos. O custo do servizo de comedor obedece a criterios obxectivos e progresivos en función da renda familiar seguindo os baremos dos comedores escolares públicos.

Con esta iniciativa o Concello de Barreiros pretende seguir garantindo un servizo tan importante e esencial como é o comedor escolar e mellorándoo e contribuíndo á educación para a saúde en materia nutricional.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here