InicioOrientalBarreirosExposición de xoguetes en Barreiros no Centro Sociocultural de San Cosme

Exposición de xoguetes en Barreiros no Centro Sociocultural de San Cosme

A Exposición poderá visitarse este xoves, día 30 de setembro, no centro sociocultural de San Cosme en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros, en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ofrece a exposición Kinético de trécola-xirapaus.

Unha exposición de xoguetes autómatas na que se poden atopar personaxes musicais que a partir de mecanismos xeran sons e ritmos, historias e contos que nacen co movemento dun manubrio ou dun pedal.

XIRA PAUS é un proxecto de Manu Taboada (xogueteiro da Chintofanería) e Ero Vázquez (titiriteiro e artesán de Trécola ) que xurdiu co propósito de dar e poñer en valor o universo dos autómatas.

A Exposición poderá visitarse este xoves, día 30 de setembro, no centro sociocultural de San Cosme en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.

PAKOLAS E PAULA ROMERO

Para o vindeiro domingo, 3 de outubro, actuarán no centro sociocultural de San Cosme ás 12:30 Pakolas e Laura Romero co espectáculo “Ti debuxas, eu c@nto”.

Unha función dirixida especialmente ao público máis novo da casa con música, contos e ilustracións. Está incluída no programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Ao contar con aforo limitado accederase o salón por orde de chegada e ata completar aforo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...