InicioEconomíaApoio do Concello de Barreiros á mobilización "Futuro para a Mariña"

Apoio do Concello de Barreiros á mobilización “Futuro para a Mariña”

A mobilización será o 17de outubro e desde o Concello de Barreiros piden unha política industrial para a comarca que paralice a "desestización" económica da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros sinala nun comunicado que “a continua destrución de emprego na comarca nos últimos dez anos e a actual situación de empresas tan importantes coma Vestas en Viveiro ou Alcoa en San Cibrao” poñen á comarca nunha posición de desertización industrial que provoca un éxodo de persoas que marcará un futuro de emigración e falta de futuro na Mariña.

O goberno barreirense sinala ademais o déficit histórico de infraestruturas que vertebren a comarca e a sitúen nunha posición de igualdade con outros territorios agravan aínda máis a posibilidade de desenvolvemento da zona.

Ante todo isto, organizacións de tipo social veñen de convocar unha mobilización de ámbito comarcal para demandar a aplicación de políticas e medidas que freen a tendencia de destrución de emprego e os investimentos oportunos para atender as necesidades do territorio e das persoas que viven nel.

Desde o goberno local de Barreiros sinalan que os concellos, como institucións máis próximas á veciñanza, “temos a obriga de demandar a atención e os investimentos precisos para garantir un futuro na nosa comarca“. Engaden tamén que a demanda de antención tamén se fai apoiando e acompañando á sociedade que se organiza para pedir medidas que garantan o dereito a vivir e traballar na súa comarca.

Así, Barreiros sumarase á mobilización do vindeiro domingo 17 de outubro baixo o lema “Futuro para a Mariña”. Os tres grupos políticos que conforman a Corporación municipal de Barreiros, BNG, PSdeG-PSOE e PP, amosan o seu apoio a dita mobilización e chaman á cidadanía de Barreiros a participar na mesma, ás 12 horas con saída desde a Cruz Vermella en Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...