InicioOrientalBarreirosO Concello de Barreiros aproba unha declaración institucional en apoio do sector...

O Concello de Barreiros aproba unha declaración institucional en apoio do sector lácteo

A proposta da alcaldía foi secundada por todos os grupos da corporación para trasladar a solidariedade ás explotacións gandeiras e solicitar a implicación das administracións.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de aprobar unha declaración institucional asinada por todas as forzas políticas de apoio ao sector leiteiro ante a situación que se está a vivir, e a que se prevé nos próximos meses, relativa ao prezo do leite.

No pleno celebrado na tarde de onte, a alcaldesa, Ana Ermida, deu lectura a unha declaración consensuada previamente con todos os grupos da corporación na que o Concello de Barreiros “traslada a súa solidariedade ás gandeiras e gandeiros do noso Concello que están atravesando unha situación complicada nas súas explotacións”.

En dita declaración faise un chamamento a todas as administracións para “traballar dun xeito serio e responsable na busca de solucións e instrumentos para afrontar a situación: como a promoción por parte da Xunta de Galicia dun Foro de encontro, debate e negociación, arbitrado e moderado pola Consellaría do Medio Rural, onde estean representados todos os actores da cadea de produción e obtención do leite e derivados: produtores/as, cooperativas, industria e especialmente a distribución e o desenvolvemento por parte do Goberno do Estado da Lei da Cadea Alimentaria, dotando aos sectores produtivos dunha ferramenta obxectiva que fixe uns custes de produción de referencia vinculantes e obrigatorios.”

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, explicou que “boa parte deste sector amosa unha dependencia perigosa dos insumos esóxenos que na volatilidade dos seus prezos, periodicamente, someten a duras probas a viabilidade destas explotacións. A esta volatilidade hai que sumar que, nestes tempos, a suba e abuso dos oligopolios das eléctricas e dos combustíbeis fan insostíbel a situación.”

Na propia declaración recóllese a importancia do sector como “estratéxico para o conxunto de Galicia e tamén no concello de Barreiros, onde as explotacións gandeiras veñen resistindo todas as dificultades que atravesan cun importante esforzo das mesmas e xerando un valor engadido innegable ao municipio, e que nestes momentos están vendo ameazada a súa viabilidade.”

Ana Ermida trasladou a disposición do Concello de Barreiros para acompañar ao sector nas súas demandas e manifestou que darán traslado do acordo á Xunta e Goberno central para a súa implicación na adopción de medidas que solucionen dun xeito decidido a situación que atravesa o sector lácteo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...