InicioOrientalBarreirosBarreiros promociónase en Fitur como destino turístico entre os principais operadores do...

Barreiros promociónase en Fitur como destino turístico entre os principais operadores do sector

Desde o Concello informan que se está a convidar a varios touroperadores especializados que operan en Galicia no eido das viaxes organizadas, grupais ou non, a establecer reunións en liña co fin de presentarlles o noso destino.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de enviar, fai uns días, material promocional turístico sobre o municipio para ter a disposición de profesionais e visitantes no stand de Turismo de Galicia en FITUR co fin de contribuir á mellora do posicionamento deste destino local.

Así, achegouse un lote tanto cos folletos turísticos editados recentemente pola Asociación de Hostelería de Barreiros coma cos mapas municipais editados polo Concello. No tocante á asistencia a esta Feira Internacional de Turismo que se celebra do 19 ao 23 de xaneiro, este ano decidiuse non asistir presencialmente debido á situación epidemiolóxica actual.

Se ben, o Concello está presente a través da plataforma virtual Fitur Live Connect, co obxectivo de establecer contactos profesionais cos diferentes expositores ao longo dun período de tempo que vai máis aló da celebración da propia feira. Deste xeito, estase a convidar a varios touroperadores especializados que operan en Galicia no eido das viaxes organizadas, grupais ou non, a establecer reunións en liña co fin de presentarlles o noso destino.

Elixiuse aqueles que xa dispoñen de circuítos organizados na Mariña Lucense e no Camiño de Santiago, co obxectivo de que nos coñezan mellor como destino e as posibilidades que ofrece Barreiros. Para isto estase ultimando un novo folleto-guía turístico no que se presentan asdiferentes propostas de visita, así como a oferta aloxativa, de restauración e de ocio.

Como complemento, presentaráselles o novo vídeo turístico “Barreiros queda en ti” que viu a luz o verán pasado. Dende o Concello, agardan seguir dando pasos para incrementar o seu posicionamento como destino turístico na Mariña Lucense e en Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...