A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Celeiro de Mariñaos, no municipio de Barreiros, de 42 anos de idade, como presunto autor dun delito de estafa na venda dun vehículo.
Segundo informou o Instituto Armado, o presunto autor supostamente cometeu un delito de estafa na venda dun vehículo a motor na segunda quincena do pasado mes de xaneiro no termo municipal de Barreiros, por un importe de mil euros.
As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo.
FURTO DE COLMEAS
Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Ortigueira de 61 anos de idade como presunto autor dun delito de furto por levar unhas colmeas.
O presunto autor supostamente subtraeu unhas colmeas no termo municipal do Vicedo, que foron recuperadas e postas a disposición do seu lexítimo propietario. As dilixencias policiais foron remitidas ao Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro.