InicioOrientalBarreirosRenovación da directiva de Protección Civil do Concello de Barreiros

Renovación da directiva de Protección Civil do Concello de Barreiros

A asociación abre a posibilidade de que se incorporen como voluntarias aquelas persoas que así o desexen para formar parte da mesma.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación de Voluntariado de Protección Civil de Barreiros vén de renovar a súa directiva, incorporando cambios na presidencia, que pasa a ser asumida por José Fernando Dorrego González, que ata o momento era vicepresidente da mesma.

Ademais desta renovación, na asemblea realizada o pasado sábado decidiron informar publicamente de que calquera persoa que queira participar como voluntaria en dita asociación pode solicitalo dirixíndose á mesma, nas oficinas municipais, podendo acceder posteriormente aos cursos básicos que habilitarán para a participación nos operativos da agrupación.

Desde a agrupación lembran que a pertenza ao colectivo é totalmente voluntaria e non supón compromiso laboral de ningún tipo, senón que se trata “do instrumento que existe nos municipios máis pequenos para que a poboación poida colaborar de xeito voluntario en situacións de emerxencia, sempre baixo os mandos das autoridades municipais ou superiores na materia.”

A Xunta Directiva actual quedou composta por José Fernando Dorrego González, como presidente; Vicepresidente: Agustín Rodríguez Pérez; Secretaria: Ramona Rodríguez Pérez; Tesoureiro: David Quelle Pérez; vogais: Miguel Villarino Damorin, Lucas Ares Iglesias e Maximiliano Vilaseca Sánchez.

Con esta renovación da directiva, a agrupación pretende iniciar un novo tempo no que se incorporen persoas por primeira vez ao colectivo e se lle dea continuidade á labor que se leva facendo durante anos polo distinto voluntariado que pasou pola mesma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...