InicioOrientalBarreirosOs versos de Rosalía circularán por Barreiros para conmemorar o aniversario da...

Os versos de Rosalía circularán por Barreiros para conmemorar o aniversario da autora

O Concello de Barreiros vén de rotular propiedades municipais cun texto da poeta galega para celebrar o Día de Rosalía.

Publicada o

- Advertisement -

Rosalía de Castro saudará desde hoxe a todas as persoas que se acheguen a dependencias municipais ou se crucen con vehículos do Concello, cun estrato do texto “Lieders”, considerado primeiro manifesto feminista publicado en Galicia.

Desde a área de Dinamización, o concelleiro Dani García, explica que a iniciativa “trata de achegar a nosa escritora nacional á veciñanza e ás persoas que nos visiten, facendo visible a unha das autoras galegas máis importantes de todos os tempos. Con esta acción non só queremos dar a coñecer a xa universal escritora, senón poñer en valor a súa mensaxe e adoptala como propia.”

O texto escollido (“Libre é o meu corazón, libre a miña alma e libre o meu pensamento que se alza ata o ceo) figurará na pasarela de unión dos edificios municipais e nos dous vehículos renovados recentemente para coñecemento xeralizado da poboación e visitantes.

Dani García explica que a escolla non é casual, senón que “queremos transmitir a idea de liberdade que sentía Rosalía e o dereito a soñar cun concello mellor no que calquera persoa poida sentirse libre de soñar, sentir e desexar; tal e como facía a poeta.”

Esta acción vén a sumarse a outras realizadas en anos anteriores co alumnado dos centros de ensino do municipio e ao traballo constante por poñer en valor a literatura e a cultura galega en xeral, así como a mensaxe da propia Rosalía de Castro e doutras figuras galegas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...