- Advertisement -
O acto central de Galegas8M A Mariña, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade e o colectivo de batukeiras Meigas BravasSon, reuniu onte a máis de 300 asistentes en Barreiros co gallo do Día Internacional das Mulleres.
Segundo sinalan desde a organización foi “un acto cargado de emotividade que baixo o lema NIN ESCRAVAS NIN HEROÍNAS, MULLERES CON DEREITOS XA! o feminismo galego chamou a derrubar o patriarcado capitalista e colonial”.