O programa “Barreiros con M de Mulleres” trae a presentación do libro ‘Resabio Amargo’ de Lucía Ferro

O acto será conducido pola escritora bulerá Antía Yáñez e terá lugar nos colexios vellos de San Miguel.

Casa do Concello de Barreiros

O Concello de Barreiros quere mostrar á veciñanza o potencial das mulleres mariñás co programa «Barreiros con M de Mulleres». Para elo, dentro da programación que a concellería de igualdade organizou este mes de marzo co gallo do día da muller 8-M, inclúese a presentación do libro «Resaibo amargo» da escritora barreirense Lucía Ferro.

O acto, que terá lugar este sábado 19 de marzo, ás 12 h. nos colexios vellos de San Miguel, será conducido pola escritora burelá Antía Yañez, unha das escritoras galegas de máis sona e que tamén falará do seu libro «Senlleiras».

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here