InicioOrientalBarreirosEn marcha o programa "Cuidar(te)" entre os concellos do Valadouro e Barreiros...

En marcha o programa “Cuidar(te)” entre os concellos do Valadouro e Barreiros xunto co centro de día de Foz “Aloumiños”

O programa dará comezo nos próximos días e as prazas serán limitadas. Formarse un grupo de ata un máximo de 8 persoas en cada Concello, Barreiros e O Valadouro.

Publicada o

- Advertisement -

Os Concellos de O Valadouro e Barreiros xunto co Centro de Día “Aloumiños” de Foz, poñen en marcha o programa de apoio “Cuidar(te)”. Un programa dirixido a todas aquelas persoas que coidan, de maneira informal, aos seus familiares maiores. Coidar pode ser un proceso longo e esgotador, con presenza dunha carga emocional e física.

O obxetivo do programa “Cuidar(te)” é a de facilitar ás persoas que coidan dos seus maiores das ferramentas, coñecementos, habilidades, pautas, … para aliviar a carga do coidado e mellorar a súa calidade de vida, sen descoidar, a atención e o coidado da persoa que atenden.

Coñecer a súa experiencia, escoitar as súas inquietudes, solventar dúbidas e prestarlle apoio e os coñecementos que precise a persoa coidadora. O coidar de nós, como coidadores, tamén é coidar mellor dos nosos maiores.

O programa dará comezo nos próximos días e as prazas serán limitadas. Formarse un grupo de ata un máximo de 8 persoas en cada Concello, Barreiros e O Valadouro.

Os temas a tratar, entre outros, será a xestión emocional da persoa coidadora; coñecementos e pautas para un mellor coidado da persoa maior; recursos sociais dispoñibles e xestión/organización do tempo.

Para iso, contarase coa presenza da psicóloga, Amparo Vizoso García; da terapeuta ocupacional, Reyes Quelle Fra; da traballadora social, Sagrario Fernández; e de varias persoas máis, que aportarán o seu grao de area, e que participaron noutros programas similares; así como, persoal propio do Centro de Día “Aloumiños” e do Servizo de Axuda no Fogar “Aloufogar”.

Todas aquelas persoas de Barreiros e O Valadouro, que coidan dos seus maiores e desexan participar no programa, deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do seu Concello. No Valadouro ao número de teléfono 982 574 000 e no Concello de Barreiros ao número 982 124 002

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...